Empresa

Eumetelecom nace coa necesidade das zonas rurais de ter un servizo de internet de alta velocidade adaptado aos tempos que corren, no que é un servizo básico en educación, traballo e ocio.

Eumetelecom ofrece interntet alta velocidade con caudais de datos garantidos, sen límites de descarga, sen permanencias, e cun servizo de calidade á altura dos tempos.

Eumetelecom ofrece telefonía e internet sen necesidade de linea telefónica tradicional, liberando así o cliente de ataduras e mantenimientos de liñas innecesarios cunha conexión de primeira calidade, estable e económica.

Levamos internet a zonas nas que sería impensable sen a nova tecnoloxía de fibra óptica-wifi alta velocidade. Sen perdas por liñas, por climatoloxía, nin por número de conexións.

Ofrecemos servizo de operadora global de internet, telefonía e móbil. Sempre respectando o medioambiente e cumprindo a normativa CE e RoHS de salubridade ambiental e para as persoas.

Dende aquí animámolos a probar os nosos servizos sen compromiso e a tratar directamente coas persoas que traballamos en Eumetelecom para que cada día internet chegue aos seus fogares.

Actualmente contamos con clientes de internet e telefonía en: Ares.Pontedeume. Cabanas. Miño, Sada, Valdoviño, Pantín, Forgoselo,Narahio, Ás pontes, San Saturnino, San Mateo, Narón, Ferrol,Neda, Acoruña rural e algunhas zonas da provincia de Lugo.